Do 20 ao 23 de xuño de 2018 terá lugar en Santiago de Compostela o II Congreso Internacional "Transicións na agricultura e na sociedade rural. Os desafíos globais da historia rural", que constitúe o XVI Congreso da Sociedad Española de Historia Agraria e o VII Encontro Rural Report. Xunto a estas organizacións, é responsábel da organización o Grupo de Investigación da USC Histagra.
O prazo para a presentación de propostas remata o próximo 28 de febreiro de 2017.
28
Datas: 20-23.06.2018
Febreiro 2017
XVI Congreso de Historia Agraria
II Congreso Internacional "Transicións na agricultura e na sociedade rural"
Expo-Obradoiro "A memoria dos louceiros de Bamio e a impresión en 3D"
25
Febreiro 2017
O sábado 25 de febreiro a partir das 17:00h. terá lugar no espazo independente de creación contemporánea Alga-Lab (Valladares, Vigo) unha Exposición-Obradoiro na que se abordarán as memorias dunha tradición cerámica coñecida a través de documentos históricos, arqueolóxicos e diversas testemuñas da parroquia de Bamio (Vilagarcía de Arousa); á vez a través deste encontro pensaremos en torno ás tecnoloxías e as propias destrezas humanas, polo que a impresión en 3D ocupará un lugar destacado na sesión.
15
Marzo 2017
Datas: 03-04.05.2017
Os días 3 e 4 de maio de 2017 celebrarase en University College Cork o encontro "Ecocritical Encounters: Women and Nature in Galician and Irish Cultural Production" co obxecto de analizar asuntos como a ecocrítica en Galiza e Irlanda, achegas ecocríticas ás artes, respostas creativas á crise medioambiental ou a biodiversidade cultural entre outros. O prazo para a presentación de propostas remata o 15 de marzo.