Laboratorio galego de ecocrítica

Un laboratorio interdisciplinario para repensarmos as relacións entre natureza e cultura en e dende Galiza
Sobre nós
O Laboratorio é un colectivo interdisciplinario de investigadoras en rede da Universidade de Santiago de Compostela, outras universidades do sistema universitario galego, así como nacionais e do resto do mundo.
Proxectos
As investigadoras do Laboratorio promoven estruturas flexíbeis e colaborativas para o desenvolvemento de proxectos que poñan en comunicación a academia coa sociedade civil.
Doazóns
O Laboratorio Galego de Ecocrítica non posúe fondos ou un orzamento de seu. No marco do seu compromiso social, os seus proxectos de investigacións e actividades poden ser apoiadas mediante doazóns de particulares ou entidades.
Participa
A colaboración pode materializarse de múltiples xeitos, dende a integración como un investigador máis, ofrecemento de sesións formativas, asociación para o desenvolvemento de proxectos ou calquera outra alternativa que queiras ofrecernos.
Nova 1
Participación do Laboratorio no
Congreso Internacional "De animales y hombres: fronteras entre lo humano y lo animal"
Nova 2
Participación do Laboratorio no
III Colóquio Internacional Insula "Para além da natureza/articificio"
Proxectos na vangarda da investigación ecocrítica

Historia literaria da destrución natural
En contraste coa visión canónica da literatura como unha ferramenta de construción de mundos alternativos, ¿podería ser tamén unha forza destrutora do medio ambiente?
Este proxecto procura desenvolver a consciencia da pegada ecolóxica da literatura e os estudos literarios