Laboratorio galego de ecocrítica
Xunto ao equipo propiamente dito, outro colectivo fundamental do Laboratorio é o seu Consello científico, constituído por especialistas que asesoran ao equipo ben nas tarefas xerais, ben en proxectos concretos segundo o seu ámbito de especialización.
Xoán Abeleira
Manfred Gnädinger
Poeta, narrador, ensaísta, tradutor, xornalista, docente. Autor d' A pegada de Man
Iker Arranz
Historia medioambiental, estudos alimentarios, estudos transatlánticos
Leonardo Caffo
Filosofía aninal, ontoloxía vs. ecoloxía e relacións, posthumano e antiespecismo
Bolseiro postdoutoral de filosofía na Università degli Studi di Torino e profesor adxunto de ontoloxía e deseño no Politecnico di Torino.
Ursula K. Heise
Cultura medioambiental contemporánea, literatura e arte nas Américas, teorías da globalización, literatura e ciencia
Catedrática de inglés na University of California, Los Angeles, e no Institute of Environment and Sustainability. Ex-presidenta da Association for the Study of Literature and the Environment.
Carmen Hermo
Arte e natureza, arte e reciclaxe, arte efémera, crebas, procedementos e técnicas artísticas, simulación e virtualización do patrimonio
Profesora na Escola Superior de Restauración e Conservación de Bens Culturais. Doutora en Belas Artes (Universidade de Vigo).
Jo Farb Hernández
Outsider art, art brut, artistas autodidactas, arte étnico
Catedrática e directora de exposicións e proxectos especiais na Facultade de Arte e Deseño da San José State University. Directora de SPACES (Saving and Preserving Arts and Cultural Environments) e autora de Singular Spaces: From the Eccentric to the Extraordinary in Spanish Art Environments (2013).
José Manuel Marrero Henríquez
Poética da respiración, teoría e crítica, literatura da paisaxe e cultura do bien común, ética da representación animal
Poeta, narrador e profesor titular de teoría da literatura e literatura comparada da Universidad de Las Palmas de Gran Canaria.
Andrea Olmedo
Medios locativos, artes dixitais, comúns, transfeminismos, ruralidades
Creativa dixital, coidadora de procesos e doutoranda na especialidade Arte, Ciência e Tecnologia na Universidade de Évora, Portugal. Co-coordinadora das comunidades Montenoso, Constelaciones e PEMAN. Desenvolve o proxecto Ruraldecolonizado e dende 2016 traballa en Airoá Comunicación. Nos últimos tempos ten coordinado os encontros Geoartivismos. Medios locativos, Artes Digitales y acción social e Pingueira. I encontro transdiciplinar de co-aprendizaxe en contexto.
Ana Salgueiro
Sistemas insulares da Macaronésia Lusófona, relação entre fenómenos culturais, imaginários e fenómenos naturais
Investigadora no Centro de Estudos de Comunicação e Cultura da Universidade Católica portuguesa (UCP-CECC) e do Centro de Investigação em Estudos Regionais e Locais da Universidade da Madeira (UMa-CIERL)
Andrea Serodio
Museoloxía, museografía, xestión de coleccións, arte e natureza, Manfred Gnädinger
Coordinadora técnica do Museo Man de Camelle. Licenciada en Historia da Arte (USC) e mestrada en Conservación e xestións de bens culturais (Universidade de Salamanca).