Laboratorio galego de ecocrítica
Para calquera consulta que desexes facernos, cubre o formulario
ou dirixe o teu correo postal a:
Universidade de Santiago de Compostela
Facultade de Filoloxía
Literatura comparada
César Domínguez
15782 Santiago de Compostela (A Coruña)
Galiza – España
Tel: 881811771
O Laboratorio galego de ecocrítica está situado no primeiro andar do Matadoiro Compostela, espazo de intervención e autoxestión cidadá no edificio da antiga Casa da Xuventude compostelá. Ao situarmos fóra das dependencias universitarias, o Laboratorio procura un achegamento máis intenso da academia coa sociedade civil alleo ás divisións institucionais do saber no marco dunha vontade de usos innovadores e creativos dos espazos públicos. O noso máis sincero agradecemento, pois, á asamblea do Matadoiro Compostela por acollernos dende o 9 de xuño de 2017. Para o Laboratorio, a parte da dimensión loxística, a importancia de integrarnos neste espazo reside en tres dimensións simbólicas:
-
Formar parte e aprendermos do proceso de desenvolvemento de proxectos creativos, a innovación e a xeración de comunidades colaboratorivas multidisciplinarias, obxectivo do Matadoiro Compostela;
-
subliñar a centralidade da mocidade galega nos asuntos medioambientais no marco da antiga Casa da Xuventude; e
-
resignificar en termos de ética animal o emprazamento do Matadorio compostelán.
Velaquí os primeiros pasos
Antigo Matadoiro compostelán (Foto 1)
Antigo Matadoiro compostelán (Foto 2)
Edificio da antiga Casa da Xuventude compostelá, agora Matadoiro Compostela
Laboratorio galego de ecocrítica (9 de xuño de 2017)
Laboratorio galego de ecocrítica
Matadoiro Compostela
1º andar
Praza do Matadoiro
Santiago de Compostela