© 2017 by Laboratorio Galego de Ecocrítica – Todos os contidos do sitio web do Laboratorio Galego de Ecocrítica están protexidos cunha licenza Creative Commons

O Laboratorio galego de ecocrítica, é un colectivo interdisciplinario de investigadoras en rede que reúne estudantes nas súas diversas fases formativas (grao, mestrado, doutoramento) e persoal docente e investigador da Universidade de Santiago de Compostela, investigadoras doutras universidades do sistema universitario galego, así como de universidades e centros de investigación nacionais e estranxeiros.

O Laboratorio galego de ecocrítica nace coa vontade de dar resposta aos investigadoras con inquedanzas interdisciplinarias no ámbito das relacións entre natureza, ciencia, ecoloxía, linguas, literatura, arte e cultura. Neste sentido, procura acadar os seguintes obxectivos:

 

  • Apoiar o traballo interdisciplinario desenvolvido polas investigadoras adscritas;

  • Introducir este tipo de contidos no ensino de grao e mestrado (xa está en marcha dende 2016-2017 a materia de grao G5041611);

  • Formar novas promocións de especialistas en sostibilidade;

  • Investigar historias medioambientais a través de contextos disciplinarios, académicos e culturais;

  • Desenvolver colaboracións con organismos públicos e privados;

  • Colaborar con artistas, comunidades e empresas para crear campañas medioambientais estratéxicas;

  • Concursar a fontes de financiación de organismos públicos e privados.

 

O Laboratorio galego de ecocrítica, en definitiva, procura pensarmos os desafíos medioambientais contemporáneos a partir do presuposto de que estes desafíos son tanto culturais e políticos coma científicos e tecnolóxicos. En función da localización da USC, as integrantes do Laboratorio pensan o futuro do medio ambiente e da súa conservación nos seus vencellos cos problemas de equidade e xustiza en e dende Galiza.

O noso equipo

Jesús R. Aboal Viñas

Fundador

Ecoloxía (USC). Liñas de investigación: ecotoxicoloxía, biomonitorización activa e pasiva, ecoloxía vexetal, hidroloxía forestal. <jesusramon.aboal@usc.es>

 

María Xosé Agra Romero

Fundadora

Filosofía moral (USC). Liñas de investigación: teorías da xustiza, teoría crítica feminista. <mx.agra@usc.es>

María Jesús Aira Rodríguez

Fundadora

Botánica (USC). Coordinadora do GI-1809. Liñas de investigación: biodiversidade e botánica aplicada. <mariajesus.aira@usc.es>

 

 

María Alonso Espasandín

Investigadora

Lingua e literatura española (USC). Liñas de investigación: zoografías, antropomorfismo, zoomorfismo, identidades.<maria.alonso.espasandin@rai.usc.es>

Emilio Carral Vilariño

Fundador

Bioloxía Funcional - Ecoloxía (USC). Liñas de investigación: diversidade biolóxica, diversidade/identidade cultural e usos do territorio. <emilio.carral@usc.es>

Arturo Casas Vales

Fundador

Teoría da literatura e Literatura comparada (USC). Liñas de investigación: socioloxía da cultura e da literatura, comúns e espazo público, ensaio e modernidade, literatura e fotografía, teoría da historia literaria. <arturo.casas@usc.es>

 

Alba Cid Fernández

Investigadora

​Teoría da literatura e Literatura comparada (USC). Liñas de investigación: teorías do poema; enunciación poética, discurso e ficción; ensaio e modernidade; socioloxía da literatura e da cultura; postura, ethos e imaxe de autor; animalidade.<alba.cid@usc.es>, <alcife@gmail.com>

Fernando Cobo Gradín

Fundador

Zooloxía, Xenética e Antropoloxía Física (USC). Director da Estación de Hidrobioloxía "Encoro do Con" (USC).  Liñas de investigación: ecosistemas acuáticos continentais, hidrobioloxía. <fernando.cobo@usc.es>

 

Jesús Domínguez Conde

Fundador

Zooloxía, Xenética e Antropoloxía Física (USC). Liñas de investigación: bioloxía, sistemática e ecoloxía dos vertebrados; conservación e manexo da fauna en áreas protexidas. <jesus.dominguez@usc.es>

César Domínguez Prieto

Fundador

Literatura comparada (USC). Liñas de investigación: catástrofes medioambientais, eremitismo, land art, paisaxe e identidade. <cesar.dominguez@usc.es>

Natan Feltrin

Investigador

Filosofía (Università degli Studi di Milano). Liñas de investigación: ecoloxía política, ética biocéntrica, filosofía ambiental. <natan.feltrin@live.it>

Lourenzo Fernández Prieto

Fundador

Historia contemporánea (USC). Liñas de investigación: historia agraria, mundo rural, cambio tecnolóxico e historia ambiental. <lourenzo.fernandez@usc.es>

 

Elena Freire Paz

Fundadora

Antropoloxía social (USC). Liñas de investigación: antropoloxía simbólica, patrimonio cultural, artesanía e alimentación.

<elena.freire@usc.es>

Rosa Teresa Fries

Investigadora

Literatura comparada, Literaturas hispánicas. Liñas de investigación: literatura e memoria, conflicto e violencia,  imagoloxía. <rosateresafries@posteo.de>

Marco Virgilio García Quintela

Fundador

Historia antiga (USC). Liñas de investigación: topoloxías comparadas, astronomía na cultura, materialidade e pensamento, consiliencia. <marco.garcia.quintela@usc.es>

Rosa Marta Gómez Pato

Fundadora

Filoloxía alemá (USC). Liñas de investigación: representación do espazo rural, paisaxes do Holocausto, memoria, exilio, tradución literaria.  <gomez.pato@usc.es>

David González Domínguez

Investigador

Lingua e literatura española (USC). Liñas de investigación: apocalipse, ecoloxía política, paisaxe e identidade.<david.gonzalez.dominguez@rai.usc.es>

Rita Gradaílle Pernas

Fundadora

Teoría e historia da educación (USC). Liñas de investigación: pedagoxía-educación social, tempos educativos e sociais, políticas socioeducativas e dereitos humanos, desenvolvemento comunitario, xénero e equidade. <rita.gradaille@usc.es>

Nieves Herrero Pérez

Fundadora

Antropoloxía social (USC). LIñas de investigación: antropoloxía simbólica, patrimonio cultural, peregrinación xacobea contemporánea. <mnieves.herrero@usc.es>

Cristina R. Lesmes

Investigadora

Teoría da literatura e Literatura comparada (USC). Liñas de investigación: xeocrítica, localidade e comunidade no imaxinario filmoliterario contemporáneo, espazo e animalidade. <lesmeslang@gmail.com>

Nerea López Campaña

Investigadora

Lingua e literatura galega (USC). Liñas de investigación: ecomitoloxía, zooloxía, zoomorfismo, xustiza medioambiental, land art. <nereinha46@gmail.com>

Montserrat López Mújica

Investigadora

Filoloxía francesa (Universidad de Alcalá). Liñas de investigación: ecocrítica no mundo francófono, con especial interese pola obra de escritores suízos de expresión francesa. <montserrat.lopezm@uah.es>

María López Sández

Fundadora

 Didáctica da lingua e a literatura (USC). Liñas de investigación: espazos literarios, paisaxe, cartografías literarias, socioloxía da literatura e da cultura, didáctica da lingua e a literatura. <mlsandez@gmail.com>

Manuela Palacios González

Fundadora

Filoloxía inglesa (USC). Liñas de investigación: literaturas irlandesa e galega, ecocrítica, estudos de xénero e feminismo, estudos de tradución, literatura e pintura. <manuela.palacios@usc.es>

Álex Pena Morado

Investigador

Estética dos medios audiovisuais (Universitat Pompeu Fabra). Liñas de investigación: estudos filmoliterarios, paisaxe e identidade. <alex.penamorado@gmail.com>

Santiago Pereira-Lorenzo

Fundador

Produción vexetal (USC). Liñas de investigación: estudo das castes autóctonas (niveis rexional e internacional), diversidade xenética, reservorios xenéticos. <santiago.pereira.lorenzo@usc.es>

Juan José Piñeiro Castro

Investigador

Lingua e literatura españolas (USC). Liñas de investigación: desastres medioambientais, identidade e paisaxe <rolls.royce24@hotmail.com>

Ernesto Piñeiro García

Investigador

Lengua e literatura española (USC). Liñas de investigación: catástrofes medioambientais, paisaxe e identidade. <ernestopgarcia1996@gmail.com>

Sara Piñeiro González

Investigadora

Lingua e literatura alemá (USC). Liñas de investigación: literatura e fotografía, relación ficción-realidade, lingüística contrastiva e tradución alemán-castelán-galego, literaturas emerxentes. <sarapineirogonzalez@gmail.com>

Xabier Pontevedra Pombal

Fundador

Edafoloxía e Química agrícola (USC). Liñas de investigación:  Solos orgánicos, forestais, de ambientes fríos, turberas e outros humedais, Bioxeoquímica de solos, augua e atmosfera, bioindicadores ambientais, evolución cuaternaria, cambio Cclimático, Edafoloxía para arqueoloxía, impactos antrópicos. <xabier.pombal@usc.es>

Belén Quinteiro Pulleiro

Investigadora

Lingua e literatura española (USC). LIñas de investigación: apocalipse, catástrofes medioambientais, ecoloxía política, paisaxe e identidade. <belenquinteiro@gmail.com>

Antía Rey Martiz

Investigadora

Lingua e literatura galegas (USC). Liñas de investigación: apocalipse, ecocrítica e literatura de ciencia ficción, literatura galega. <antiarei@outlook.com>

Guillermo Rodríguez Alonso

Fundador

Filosofía (USC). Liñas de investigación: filosofía da animalidade, post-humanismo, biopolítica. <guillermo.r.alonso.usc@gmail.com>

Jorge Rodríguez Durán

Investigador

Filoloxía inglesa (USC). Liñas de investigación: literatura irlandesa, paisaxe e identidade, paisaxe urbana nas artes, xeografía cultura. <jorge.rdgz.duran@gmail.com>

 

Arancha Rodríguez Fernández

Investigadora

Literatura Comparada (USC). Liñas de investigación: literatura galega, literatura irlandesa, espazos e intimidade, espazos e xénero, paisaxe e identidade. <arancharf@gmail.com>

Roque Rodríguez Soalleiro

Fundador

Produción vexetal (USC). Liñas de investigación: modelización do crecemento e produción de especies forestais, nutrición forestal, biomasa e fixación de carbono. <roque.rodriguez@usc.es>

María Dolores Vázquez Castro

Fundadora

Ecoloxía (USC). Liñas de investigación: ecotoxicoloxía, biomonitorización en augas doces. <mariadolores.vazquez@usc.es>

Vicente Vázquez Vidal

Investigador

Literaturas hispánicas – galega, catalá e vasca (UNED). Liñas de investigación: filoloxía alemá, pequenas literaturas, tradución, relacións centro-periferia. <vxente@hotmail.com>

Mª Teresa Vilariño Picos

Fundadora

Teoría da literatura e Literatura comparada (USC). Liñas de investigación: literatura e cultura na era dixital, educación para o desenvolvemento sostíbel. Diretora do "Proxecto íchnós. Laboratorio de Educación sostible".  Directora da "Asociación Wài.Chi Galicia. Asociación galega para a educación, investigación e voluntariado no eido do benestar social". <mteresa.vilarino@usc.es>

 

Sara Villar Aira

Investigadora

Lingua e literatura galegas (USC). Liñas de investigación: literatura e drogas, literatura underground, marxinalidade, xénero, identidade e medio rural. <sara.villar.aira@rai.usc.es>

Nicola Zengiaro

Investigador

Filosofía (Università degli Studi di Torino). Liñas de investigación: filosofía da animalidade, filosofía posthumanista, estudos animais. <zengiaronicola@gmail.com>

Please reload

This site was designed with the
.com
website builder. Create your website today.
Start Now